lunes, 21 de mayo de 2007

As Pedras Tamén Soan.

O pasado mércores visitounos o grupo "Ghaita de Pedra", e que ben nolo pasamos. Xente curriña, agradable e creativa a máis non poder. O programa destilou bó roio polos catro costados e iso notouse de principio a fin.
Dende Lugo viñeron Jose, Pablo e Xavi(xa hai que ter moral), os cales, coma non, agradecémoslles o esforzo dese desprazamento. Falamos de todo un pouco e puxemos os temas da súa última maqueta que, por certo, soa de marabilla, de luxo.
O único criticable foi esa verborrea tremenda, espesa e incesante de Xavi que case nos monopoliza o programa,ja,ja,ja,ja,(e broma).
En fin, que espero que lles vaia moi ben e que cando estreen o seu primeiro disco se acorden de min.
Unha aperta!

Ah! Este mércores teremos o blues dos "Moon dogs blues party", xa sabedes, no 101.5 da FM, en Radio Oleiros.

No hay comentarios: